Abertos ao galego App é un servizo na rede que proporciona ás persoas usuarias información sobre a responsabilidade lingüística dos estabelecementos a partir das valoracións dos e das usuarias rexistradas nesta aplicación móbil. As aplicacións móbiles publicadas pola Mesa pola Normalización Lingüística nas tendas de aplicacións para Android (Google Play Store) e iOS (App Store) forma parte da Mesa pola Normalización Lingüística; a propriedade e a xestión corresponden á Mesa pola Normalización Lingüística.

 

POLÍTICA DE PRIVACIDADE E TRATAMENTO DOS DATOS PERSOAIS

 

Infomamos de que a Mesa pola Normalización Lingüística  trata os seus datos persoais coa finalidade de dar a coñecer as nosas actividades, eventos e servizos.
O período de conservación dos datos será o preciso para o mantemento da relación entre as partes e, unha vez finalizada, por un máximo de 5 anos.
Tratamos os datos no marco da navegación da persoa usuaria a través da nosa web ou dun contacto, subscrición ou consulta coa nosa entidade a través do correo electrónico ou dos formularios de contacto.
O contacto telefónico ou electrónico coa persoa usuaria para a prospección de informacións ou promocións relativas  á entidade poderase basear no interese lexítimo da Mesa pola Normalización Lingüística.
Se non desexar recibir comunicacións informativas por vía electrónica ou telefónica sobre actividades e/ou servizos da Mesa pola Normalización Lingüísitica fáganos chegar un correo electrónico ao enderezo admon2@amesa.gal
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos.
En calquera momento poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición e, se quixer, o dereito de portabilidade e limitación do tratamento, recollidos no RGPD (UE) 216/679, dirixíndose a: A Mesa pola Normalización Lingüística, avenida de Lugo 2A, entresollado A, 15702, Santiago de Compostela ou mediante correo electrónico a amesa@amesa.gal
En calquera caso, pode dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos, www.agpd.es, para iniciar os trámites oportunos en defensa dos seus dereitos.
Os datos persoais son obtidos directamente da persoa interesada.
As categorías de datos que se tratan son os seguintes:
- Datos identificativos de navegacións
- Códigos de cliente
- Enderezos postais ou electrónicos
- Información comercial
A información persoal inclúe nome, apelidos, enderezo electrónico e contrasinal. Só as persoas rexistradas poderán facer comentarios na App Abertos ao galego.
Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación e cancelación dirixíndose por escrito a A Mesa pola Normalización Lingüística, avenida de Lugo 2A, entresollado A, 15702, Santiago de Compostela ou mediante correo electrónico a amesa@amesa.gal
Teléfono: 981563885
CIF G:15154610
Ao utilizar os nosos servizos recoñece que leu e comprendeu tanto esta política de privacidade como as prácticas de recompilación e de tratamento da información que se describen.
A Mesa pola Normalización Lingüísitica non responde do mal uso que as persoas usuarias poidan facer dos contidos da App Abertos ao galego. Tamén non é responsábel das dificultades de acceso que puideren existir para a entrada no portal nin do mao funcionamento deste que sexa atribuíbel a causas alleas á Mesa pola Normalización Lingüística.