Accede a centos de estabelecementos desde a app para que poidas opinar e valorar o seu uso do galego
Accede a centos de estabelecementos de xeito sinxelo tanto en modo mapa como en modo procura
Filtra e localiza máis rápido os estabelecementos que che interesen ben polo seu nome ou pola súa categoría
Puntúa e comenta o uso do galego tanto oral, escrito como virtual.
Estas son algunhas das características e vantaxes da app
A app está programada nativamente para a plataforma iOS e dispoñíbel para a súa descarga desde a App Store
A app está programada nativamente para a plataforma Android e dispoñíbel para a súa descarga desde a Play Store
Acceso sinxelo a app mediante login por Facebook, Google ou email e contrasinal
O deseño está optimizado para a súa compatibilidade con iOS e Android
A app está deseñada para que o seu uso sexa moi sinxelo e rápido
A app é compatíbel cos últimos modelos de smartphones do mercado
A Mesa pola Normalización Lingüística é unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo.
Podes ampliar toda a información sobre nós na nosa páxina web
Aquí están todas as empresas de Abertos ao Galego
Un dos aspectos característicos do espírito de traballo da Mesa é o esforzo por ser a casa común do traballo pola normalización do idioma, polo que sempre procura implicar nas súas accións a todo tipo de organizacións, institucións ou empresas. Este traballo de colaboración pode realizarse de maneira puntual, para unha campaña concreta, ou de maneira continuada. Así, a Mesa impulsou en 2009 a plataforma unitaria Queremos Galego, que coordina desde ese momento e que está conformada por máis de 700 entidades de todo tipo.
As actividades da Mesa deséñanse con finalidades sensibilizadoras e reivindicativas. As campañas sensibilizadoras teñen un importante elemento informativo e van dirixidas á poboación en xeral, aos comercios, empresariado, etc. As accións reivindicativas refírense sobre todo ás institucións ou grandes empresas e consisten na denuncia de discriminacións lingüísticas do galego ou do incumprimento da Lei de normalización lingüística, aprobada en 1983 porén incumprida aínda hoxe en moitos dos seus artigos. Tamén desenvolvemos campañas de felicitación cando unha empresa ou colectivo se destaca de maneira positiva polo uso ou promoción do noso idioma. Tanto as accións de denuncia como as de felicitación realízanse a través de cartas directas, comunicados de imprensa que se publican nos medios de comunicación, etc.
Podes ampliar toda a información sobre nós na nosa páxina web
Descarga a app desde a súa tenda de aplicacións correspondente en función do teu sistema operativo
Solicitude enviada correctamente!
Houbo un erro no envío. Inténteo de novo